Sobre Juan Antonio
Chámome Juan e son o dono de Otto, un cruce de mastín e pastor duns 40Kg e unha enerxía e forza case infinitas. A parte tamén teño unha gatiña moi frioleira, galiñas ben coidadas, e ás ocas máis ou menos controladas (un logro), polo que considero que teño soltura á hora de manexarme con animais, ainda que sexan fortes ou maquiavélicos.
Ofrézome a pasear e coidar dos vosos compañeiros e a facelo co cariño que o fariades vos. Teño coche propio, son responsable e puntual, e pódome adaptar a horarios. Ademais, non cobro moito e todo o que gaño vai para custearme os últimos anos da miña tese doutoral.
Neste momento podo pasear e coidar animais nas cercanías de Santiago D.C. durante a semana e na Coruña durante as fines de semana. De todos os xeitos, teño a furgoneta sempre lista e podo achegarme a núcleos peri-urbanos e aldeas de ser necesario.