Sobre Leticia
Dende pequena gustame estar con animais e coidalos, sempre convivin con eles e son voluntaria na protectora de animais da miña zona dende fai mais de 15 anos, neste tempo fun familia de acollida de decenas de animais .
Na actualidade no noso fogar vivimos 2 persoas adultas, 1 gato de 17 anos, 1 gata de 12 e un can de 12 anos e medio. Traballamos de luns a venres en horario de mañá e 2 tardes á semana, paseo longo mínimo 1 hora diaria. Vivimos nunha casa con xardin. Podemos adaptarnos ás necesidades do animal que coidamos.
Ademais da experiencia como adoptante de varios cans/cadelas e gat@s colaboro coa protectora da miña zona como fogar de acollida e decenas de animais abandonados foron acollidos na nosa casa, moitos con medos polo que sei como tratalos.
Os animais durmen dentro de casa. É unha casa independente con xardin pechado e temos unha habitación libre dispoñible. Vivimos nun entorno rural con moitas zonas verdes e paseos cerca, gústanos moito pasear e ir de ruta pero adaptámonos as necesidades dos animais.