Sobre Alejandro
Son Ale, unha persoa que lle encanta estar rodeado de animais. Os cadelos en concreto encántame.
Teño experiencia convivindo e paseando cadelos dende hai anos porque compartín piso con xente que tivo cadelos de diferentes tamaños e carácter. Tiven a sorte de podelos levar tanto polo monte coma pola praia, podendo disfrutar de xogos con eles tanto na auga como entre bosques. Aquí en Lugo é certo que se me complica bastante o poder xogar na área da praia pero ben é certo que ao carón do Miño hai moi bo paseo para disfrutar de boas camiñatas.
Non teño ningunha pega ou impedimento para pasear a calquera tipo de can (idade, tamaño, raza, etc).
Dispoño de parques adicados a cans ao carón da miña casa, puidendo compatibilizar o coidado de varios deles a vez.